[grupo TALG] Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega | grupo TALG [Universidade de Vigo]

[-] Información

[-] I+D


In English

Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega

Benvida

Benvid@ ás páxinas do grupo de investigación Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (TALG) da Universidade de Vigo. Nelas has de atopar os nosos datos de contacto, información sobre os membros do noso grupo, as nosas publicacións, e mais un pequeno resumo das nosas liñas de investigación e proxectos. O grupo TALG da Universidade de Vigo está formado polos equipos de investigación do Seminario de Lingüística Informática e do Observatorio de Neoloxía, e forma parte da infraestrutura europea dos CLARIN Knowledge Centres.

A través das nosas páxinas web, vas poder acceder tamén a diversos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvoltos polo grupo TALG, entre outros, o tradutor automático español-galego do SLI, a plataforma de consulta RILG, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Dicionario multilingüe Galnet, a DBpedia do Galego, o Dicionario de sinónimos do galego, o Corpus paralelo CLUVI, o Corpus Técnico do Galego (CTG), o Corpus paralelo SensoGal con traducións lematizadas e etiquetadas semanticamente, o banco de datos sobre neoloxía do galego da Neoteca, a ferramenta de consulta da toponimia galega Aquén, e os etiquetadores de FreeLing, SLI-Tagger e Lingaliza para a análise lingüística automática do galego. Podes ver aquí a listaxe completa dos recursos en liña que poñemos ao teu dispor.

Grazas por consultar as nosas páxinas.