[Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega]   

Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega

Benvida    In English

Benvid@ ás páxinas do Grupo de Investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (Grupo TALG) da Universidade de Vigo. Nelas has de atopar os nosos datos de contacto, información sobre os membros do noso grupo e mais as nosas publicacións.

Aquí vas poder acceder tamén a diversos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvoltos polo TALG, entre outros, o tradutor automático español-galego do SLI, a plataforma de consulta RILG, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Dicionario multilingüe Galnet, o Dicionario de sinónimos do galego, o Corpus paralelo CLUVI, o Corpus Técnico do Galego (CTG), o Corpus paralelo SensoGal con traducións lematizadas e etiquetadas semanticamente, o banco de datos sobre neoloxía do galego da Neoteca, a ferramenta de consulta da toponimia galega Aquén, e os etiquetadores de FreeLing, SLI-Tagger e Lingaliza para a análise lingüística automática do galego.

Podes ver aquí a listaxe completa dos recursos en liña que poñemos ao teu dispor (tamén en GitHub).

Grazas por consultar as nosas páxinas.


Recursos
Publicacións
Descargas
GitHub
Membros
Contacto